O Círculo Mercantil e Industrial de Fene fundouse o 25 de decembro de 1951 despois de case un ano de xestións para desenrolar os estatutos e acadar os pertinentes permisos. De entre os socios fundadores elixiuse a primeira Xunta Directiva, a cal quedaría emprazada para comezar a traballar o primeiro día laborable de xaneiro de 1952.
O traballo da Xunta Directiva comezou o día 2 de xaneiro de 1952 a partir dese día as reunións serían periódicas. A casa de Manolo Casal funcionou nesa época como local social, a sé do círculo permanecería alí até 1962.
A Biblioteca, cuidadosamente mimada, foi incrementandose, da man de Emilio Marín, o número de libros e de subscricións de prensa, era moi frecuentada así como os xogos de mesa cos que contaba o Círculo.
Os bailes convertéronse en cita obrigada para os asociados (Baile de Entroido, das Flores, do Mantón, fin de Ano e outros; animados polas mellores orquestras daqueles tempos, “López Malde”, “Bellas López”, “Trevol”, “Os Diamantes”…..).
En febreiro de 1962 asínase o contrato de aluguer, do segundo local social, o denominado Salón de Severa, iniciándose as obras de acondicionamento, que daránse por rematadas coa inauguración no mes de xullo cun amplo programa de actividades.
Durante os anos seguintes desenvólvese no Círculo un amplo e variado repertorio de actividades, tanto recreativas como culturais, entre outros destacamos as seguintes:a primeira exposición individual de Xaquín Marín, exposicións de pinturas, acuarelas e debuxos de artistas como: Jesús Balado Paz, José Luís González Loureiro, José Tojeiro Sabio, Carlos Martínez Rama, Rafael Castro Estévez, Natalio Arnoso (1961), Jesús Balado (1964), Afesan (1967)…...
Conferencias a cargo de: Emilio Marín, Rafael Castro Estévez, Enrique Mariñas, Rosario Castells, (Xosé María Pérez Parallé, este poeta será un animador cultural fundamental para o Círculo, entre as súas múltiples actividades estará a de celebrar, desde 1963, o Día das Letras Galegas) , Pedro de Chairo, Alvaro Paradela, Ramón Otero Pedrayo (1971), Xerardo Fernández Albor, Ramón Loureiro…...
Entre a primavera e o verán de 1992 danse por terminadas as obras de acondicionamento do local social, En xullo de 1992 a Presidencia da Sociedade pasa de José Romero López a Xullo Santos. O 31 de agosto de 1992 realízase o traslado do Salón de Severa para o novo local sendo a inauguración oficial o día 24 de outubro de 1992, continuando desde ese mesmo momento coas actividades propias da Sociedade, (Letras Galegas, Premio de Poesía, bailes oficiais, ceas bailes, excursións, cursos de cociña-punteo-natación-informática-tenis, bailes de salón, ximnasia de mantemento, fútbol-Sá, escola de fútbol-sá....) que ano tras ano procuramos aumentar e mellorar coa colaboración de todos os nosos asociados.
Durante estes cambios os Presidentes foron: